Rubén Varela Piñeiro
Educador Social, Orientador laboral, and Tecnico de proxectos sociais in Galicia, España
Educador social e Psicopedagogo de formación, comecei a miña traxectoria profesional como informador xuvenil nun concello, antes de elaborar coa Oficina de Orientación ao Emprego da Universidade de Vigo unha publicación relacionada coas saídas profesionais das titulacións desa universidade.
Logo de traballar como educador nun centro de menores, pasei varios anos nunha consultora especializada no terceiro sector (Asociacións, Fundacións, ONGs,...) antes de voltar a orientación laboral, inda que xa levaba uns anos compaxinando este traballo co de profesor de FOL nun centro privado de FP.
Foi entón, no 2008 cando entrei no Concello de Ourense, a traballar de Orientador laboral en proxectos de inserción financiados polo FSE.
Dende 2013 estou a fronte de Atelier SOCIAL, unha empresa que traballa con administracións públicas e entidades no deseño e execución de proxectos nos ámbitos social, educativo, infancia, saúde, igualdade, emprego,...