Saúl Gómez
lawyer in Pontevedra
Ola, son Saúl e son avogado.
Como profesional da avogacía estou interesado na relación existente entre as persoas, o eido legal e as novas tecnoloxías.
Xa no meu TFM en torno á regulación da práctica eutanásica puiden explorar o complicada relación das persoas co dereito, coa introdución do dereito a unha morte digna. Este valeume o I Premio Xurídico de Investigación Xosé Luis Franco.
Ademáis, conto con experiencia profesional nun bufete como avogado en Dereito bancario centrado en contratos de préstamos, microcréditos e tarxetas revolving.
Ao unir estas experiencias xurdiu o meu interese actual en torno ao Dereito de consumo e a protección dos datos dos consumidores, así como pola relación do eido legal coas TICS.