sondeleite
O Porriño - Tui
SONDELEITE é unha asociación sen ánimo de lucro creada con nenos/as, que nace pola necesidade de disfrutar e compartir actividades lúdicas, educativas e culturais, e experiencias en torno á maternidade e á paternidade.
Cremos que a familia é o mellor lugar para crecer, acompañando ós nen@s e aprendendo xuntos nun entorno no que eles son os protagonistas, axudando a que desenvolvan a súa propia personalidade, sempre acompañados dende o amor, a comprensión e o respecto.
Por todo isto, a nosa proposta vai no camiño da organización de contacontos, teatro, maxia, música, concertos para bebés, obradoiros, visitas, andainas, charlas, conferencias, encontros... e outras actividades en familia, cumplindo así co noso obxectivo de que as familias sexan o mellor lugar para crecer.
Os que damos vida a esta asociación facémolo de forma voluntaria, aportando o tempo e capacidades que cada un ten. Vos animades a participar?