Sonia Prados Vázquez

Preparadora laboral in A Coruña

Sonia Prados Vázquez

Preparadora laboral in A Coruña

Read my blog

Ola son Psicopedagoga de carreira e apaixoada da formación e orientación educativa e laboral.

A miña experiencia laboral mais significativa está baseada no traballo con persoas con necesidades especiais. Atopo moi satisfactorio o feito de poder mellorar un pouco a vida dos demais. Actualmente son a preparadora laboral nos PFB-AFD comarca Ferrolterra. As miñas funcións como preparadora coinciden coas do emprego con apoio e ademais colaboro nas labores de xestión dos programas coas duas Consellerías das que depende (Educación e Emprego), con Concellos da Comarca e con institución e ONGs, entidades todas colaboradoras.

Considérome unha persoa con habilidades na xestión e integración en grupos de traballo. Creo feacientemente que un bo ambiente laboral sempre incrementará a calidade do traballo; teño capacidade para interactuar, empatizar e de adaptación aos cambios de forma sempre moi positiva.

Aprender de todas as experiencias e das aportacións de outras persoas sempre será o meu maior interese.

  • Work
    • PFB comarca Ferrolterra
  • Education
    • Mestra e Psicopedagoga
    • Universidade de Santiago de Compostela