Susana Campos González
Orientadora Laboral, Docente, and Trabajadora Social in Ourense
Hola, meu nome é Susana Campos González, Diplomada en Traballo Social, estudos que elexín por ser unha disciplina que promove o cambio social, o “empowerment” e a liberación das persoas.
A miña traxectoria profesional inicia coa impartición de talleres para “saber envellecer e previr a dependencia” dirixidos a persoas maiores de 65 anos.
Posteriormente, tomo contacto coa área de emprego como Técnica de Inserción Laboral nun programa dirixido inserción sociolaboral de mulleres en situación de risco ou exclusión social.
No ano 2014, curso o Certificado de Profesionalidade de Docencia de Formación para ó Emprego, o cal me abre as portas da formación para desempregados e a miña primeira experiencia como Orientadora Laboral.
Na actualidade, continúo a miña carreira profesional na Orientación Laboral, e para actualizar os meus coñecementos curso o Posgrado de Orientación Laboral.
Dende a finalización dos meus estudos universitarios, inicie unha formación continúa que me permita estar actualizada e mellorar as miñas capacidades e empregabilidade.
Para coñecerme mais, comparto os meus perfís sociais en Twitter e LinkedIN.