Tamara Rego Camiño

maestra de educación infantil and monitora de ocio e tempo libre in Pontevedra

Tamara Rego Camiño

maestra de educación infantil and monitora de ocio e tempo libre in Pontevedra

Son Tamara, graduada en Educación Infantilpola Universidade da Coruña. A miña experiencia con nenas e nenos vai máis alá das prácticas curriculares (levadas a cabo tanto no 1º ciclo (Galiña Azul de Moraña) como no 2º ciclo, concretamente no CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña),xa que tamén son monitora de ocio e tempo libre, esporádicamente, coido nenos,polo que conto con experiencia con crianzas de distintos rangos de idade.

Tal e como dixo Benjamin Disraeli:"O mellor que podemos facer por outros non é compartir as nosas riquezas, sinon ensinarlle as súas".Considero que esta cita resume á perfección a nosa labor como docentes, xa que non so debemos saber transmitirlles esas “riquezas” que poderían ser os coñecementos, senon que tamén debemos potenciar e facerlles ver todas esas competencias que xa posúen, apoiándoos e ofrecéndolles os medios e recursos necesarios para traballalas.

Ademais de adicarme á educación, sempre fun unha persoa creativa, curiosa e inqueda e, na actualidade, apoio no que respeta a redes sociais o negocio familiar (para máis información adxunto a conta de Instagram a continuación).