Tania Correa Ríos
Recruiter, Teacher, and Writer in A Estrada
Tania Correa Ríos
Recruiter, Teacher, and Writer in A Estrada
📌 Ola, son Tania e son orientadora laboral.
📌 Dende fai anos a miña traxectoria profesional foi cambiando. Pasei por postos de camareira, azafata, administración, prevención de riscos, calidade e medio ambiente, docente e agora orientación. Gracias a esta experiencia en diferentes ámbitos son capaz de empatizar fácilmente cos usuari@s do programa no que traballo, pois máis dunha vez eu, ó igual que eles, tamén estiven en situación de desemprego.
📌 Defendo que non hai traballo mellor que outro, que a diferenza entre eles é, por un lado as prioridades que se teñan en cada momento e, polo outro, a perspectiva coa que os miras!
📌 Para min o máis importante é vivir con paixón todo o que fas, e eu trato de vivir todo desa forma, posto que entendo que no traballo poñer o corazón tamén é fundamental.
📌 Entre as miñas aficións están o deporte, leer e coñecer a xente. Cando socializo son capaz de poñer a proba as miñas limitacións e podo ver que non hai nada máis sano que equivocarse para aprender.
📌 Outra cousa que tamén me encanta é escribir e gustaríame no futuro poder publicar o libro que estou rematando.
📌 Sempre digo que non son experta en nada, e é certo, porque non preciso ser experta para ser alguén.
📌A base do meu traballo é a formación continua para seguir avanzando e para ofrecerlle @s usuari@s do programa no que participo o mellor asesoramento posible.
📌Por último teño que decir que o que máis me fascina é facer teatro! Considero que na vida, cando non somos capaces de facer algo porque estamos paralizados polo medo, o mellor que se pode facer é "teatralizar" a situación. Para min, o teatro (feito de forma informal), é unha das mellores ferramentas que existen, debido a que é capaz de xerar o cambio en persoas que realmente o precisan.