Tero Rodríguez

Rianxo

Dedícome profesionalmete ao mundo da escena, aos escenarios conscientes e tamén a aqueles outros nos que asumimos papeis sen apenas darnos conta.
Implícome no que fago porque creo nas persoas. Rodéome de boa xente e iso dáme forza para poñer paixón en todo o que fago.

Como Directora de escena e actriz traballo con Os Quinquilláns, unha das veteranas compañías teatrais galegas, con máis de 33 anos de actividade profesional ininterrumpida. Desde a miña incorporación sentinme "na casa" e atopei outros mundos desde os que comunicarme conmigo mesma e cos demais. Facemos teatro de sala, infantil e para adultos, pero, sobre todo, teatro de rúa. As visitas teatralizadas, as montaxes históricas, o teatro didáctico... son a nosa estratexia actual. Hai que vivilo!!!

  • Work
    • Directora de escena, actriz, orientadora laboral,
  • Education
    • Licenciada en Arte Dramática, coa especialidade de Dirección de Escena
    • Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa.