Escola Turismo Sostible

Teacher, Director, and Consultant in Lugo provincia

Read my articles

Neste momento de demanda turística consciente e responsable, ó mesmo tempo que do uso de novas tecnoloxías, cremos que a formación dos diferentes axentes turísticos dun destino xoga un papel fundamental e que Galicia ten unha oferta nesta liña á que se lle podería sacar moito máis partido se os seus habitantes foran conscientes do seu potencial e o souberan xestionar.

Os destinos deberían apostar tódalas sus cartas a fomentar un turismo máis responsable que non só comprometa a sostibilidade ambiental, social e económica dun territorio, senón que ademáis, axude a rexenerala.

Unha das claves para conseguilo está na formación e a concienciación da poboación local e dos axentes turísticos do territorio.

*Formar a técnicos, empresarios e emprendedores en materia de turismo sostible, que é, e cómo aplicar a sostibilidade no sector.

*Traballar para a igualdade de xénero, fomentando o emprendemento de mulleres dentro do sector.

*Promover o desenvolvemento de iniciativas turísticas inclusivas que teñan en conta as necesidades e expectativas de colectivos vulnerables (persoas con diversidade funcional, víctimas de violencia de xénero, colectivo LGBTI+, persoas maiores…), así coma brindar oportunidades de inserción sociolaboral a persoas en situación tamén vulnerable.

*Fomentar a aparición de novos produtos e oferta de actividades relacionadas co turismo sostible.

*Fomentar que xurdan novas iniciativas para que creza o sector de xeito sostible e por tanto os beneficios que conlevan para que o medio ambiente non se vexa afectado.