Vera Santomé
Vera Santomé
Aínda que creo que é obvio, chámome Vera, que non primavera, esa é a razón do nome deste blog. Si, nacín en plena estación das flores e meus pais non escolleron outro nome que Vera para unha nena nacida na primavera.
Son galega, (o que tamén é evidente) concretamente de Moaña, un pobo das Rías Baixas. Unhas liñas máis abaixo podedes ler os temas nos que estou máis interesada.
Por certo, este blog é un proxecto da clase de informática do curso 2014-2015, no que irei publicando diversos artigos. Nesta páxina gustaríame escribir sobre noticias actuais e tamén artigos culturais, a meirande parte sobre literatura e música.