Vítor Manuel Otero Prol
Orientador laboral in Santiago de Compostela, España
A miña experiencia profesional inicieina no campo da educación, como mestre en EXB, Ed.Primaria e como profesor na FP e na Ed.Secundaria, impartindo diversas materias. Asemesmo, realicei funcións como titor, director de primaria e infantil, e responsable de internado.
Posteriormente traballei no campo dos servizos sociais como educador social en diversos centros de menores.
No ano 2008 empecei a traballar nunha oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia no Programa "Plan Extraordinario de Orientación, Formación e Inserción laboral".
Na actualidade, estou traballando nunha oficina de emprego do SPEG como titor personalizado no programa "Acción conxunta para a mellora da atención a parados de longa duración".