Xan González
Santiago de Compostela
Son un namorado apaixonado de coñecer novas culturas e novos paises, o que me ten levado dende moi novo a percorrer tódolos recunchos que o meu peto podía soportar. Xa dende cativo devecía por ollar cromos de tribos perdidas e páxinas do atlas onde memorizaba os nomes máis míticos. O meu entusiasmo tenme levado por 112 paises dos que non teño que contar mais que boas experiencias. Este blog non pretende ser unha guía de viaxes, hai moitas e actualizadas. Tampouco quere ser un album fotográfico. É simplemente unha visión moi persoal dun galego que quere entender o Mundo que lle tocou vivir.