Xemma Padín Álvarez

Teacher, Student, and Social Media Manager in O Grove

Ola!

O meu nome é Xemma, son de O Grove e teño 36 anos. Estudei a Licenciatura en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, aínda que só estiven dous anos nela, xa que fun bolseira Erasmus en Alemaña na Universität-Bochum e Séneca na Pompeu Fabra de Barcelona. Despois diso, funme a València a facer o Máster en Profesorado de Lingua Castelá e un Máster en Contidos e Formatos Audiovisuais. Logo pasei un ano estudando catalán e facendo un postgrado da Cervantes para ensinar Español como Lingua Extranxeira (ELE). Isto levoume a Alemaña, onde pasei 12 anos traballando como profesora nun instituto nunha pequena vila do centro do país. Paralelamente, fun docente na Göttingen-Universität de Galego, a miña gran paixón ✨. Ademais, estando alí formeime en Arte Dramático e dei clases de Artes Escénicas no Bacharelato Artístico.

Voltei a Galiza despois de 12 anos cunha bolsa BEME para realizar o Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais. A miña idea é mudar a miña traxectoria profesional: novos tempos, novos aires, novos retos.

O que máis disfruto é de viaxar. Pasei por Xapón, China, Perú, Cuba, Tailandia, República Dominicana, Singapore e percorrín toda Europa. Encántame pór as lentes de aventureira e coñecer novas culturas, gastronomías e formas de entender a vida.

Por último, son unha apaixonada do hardtechno e dos festivais de música.