Xiana Meda López
Estudante in Galicia
Ola! Chámome Xiana e teño 24 anos. Gradueime no 2018 en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras rematar a carreira realicei un mestrado en Xestión Ambiental e Economía da Enerxía pola UNED.
Actualmente combino os estudos do Mestrado de Comunicación de Medios Sociais e Creación de Contido Dixital con algunhas materias do Grao de Ciencias Ambientais.
Teño unha relación amor-odio coa tecnoloxía e as redes sociais, pero para adicarse profesionalmente á comunicación considero que é fundamental saber usalas, polo que me quero formar. Ademais, a miña nai ten unha marca de xoias artesanais feitas por ela (@planetatreszetas) e fai uns meses propúxenlle crear unha conta paralela xestionada por min (@planetatreszetasaoutlet) para achegala a un público máis xoven. Vamos, o que ven a ser o TRF de Zara.